Presentación  |   Instalacións  |   Emprazamento  |   Contactar


O noso establecemento encóntrase situado nun dos portos de mar máis emblemáticos de toda a "Costa da Morte", Malpica de Bergantiños.

Lugar turístico por excelencia, situase entre as zonas máis visitadas do noroeste galego, non só pola xente proveniente de Galicia senón por turistas vidos de toda España.

Nin que decir ten a importancia das nosas festas coñecidas en toda a zona, en especial as festas do Mar no mes de Agosto, donde os xóvenes e os no tan xóvenes poderán disfrutar de verbenas, atraccións, ambiente nocturno e moito máis.

Innumerables son os recursos próximos. Situado a 50 metros da praia e do porto, os nosos clientes poderán disfrutar dun relaxante paseo ó longo de toda a praia, darse un chapuzón o toma-lo sol.


(Vista frontal nocturna)



(Vista frontal diurna)

 

Se Galicia é coñecida por moitas outras cousas, tamén pola súa gastronomía. E Malpica non é unha excepción. Atrévase a degustar os nosos mellores pratos de productos típicos que a máis de un, non deixou indiferente.

Cómpre destacar a proximidade xeográfica de cidades como A Coruña e Santiago de Compostela situadas a menos de 1 hora de camiño en automóbil, así como todos os pobos que conforman a "Costa da Morte", Laxe, Muxía, Camariñas, Fisterra etc.

Dende aquí invitamoslle a coñecermos, que pase unha estancia con nós. Estamos seguros de que non só quedará satisfeito, senón que volverá.


- Hostal Panchito -